20/4/10

UNHA MULLER EXEMPLAR

En memoria de Begoña Muñoz, mi profesora de Lingua Galega e Literatura, fallecida el pasado sábado.
Benquerida amiga:
Xa comezo esta carta a ningunha parte con esa frase que ti querías que puxeramos nas nosas cartas, porque che parecía unha bela frase do galego…
E hoxe, hasme desculpar, porque no blogue que non me deu tempo a ensinarche, quero homenaxearte e que todo o mundo saiba a gran persoa que se foi. Marchou do noso lado unha muller exemplar, profesora da vida, amiga dos seus alumnos, moi preocupada, en ocasións excesivamente, por nós. Había algo nas túas clases que as facía diferentes. Sería quizáis pola túa risa e o teu “Bos días a todas e a todos!” de cada mañá. Sería quizáis pola especial maneira de explicar que tiñas, que nos tiña atentos ao encerado a hora de clase (semellaban 5 minutos). Sexa quizáis polas túas anécdotas, exemplificacións ao alcance de todos, cousas da nosa vida diaria. Sexa quizáis porque aquelas clases polas que hoxe choramos que eran toda unha aventura, que comezaban falando dun tema e acababan falando doutro totalmente distinto, pero nas que NON se perdía ni un só minuto, porque todo o que contabas era útil e facianos reflexionar. Esas clases dinámicas, divertidas, distintas ás demais. Non sei polo qué aínda me costa crer que te fuches, e cando o asumo véñome abaixo. Pensando que o xoves dixeras que tiñas que face-la comida na casa, e os plans de futuro que tiñas connosco tras a túa baixa, tanto optimismo, tantas cousas por facer… E, de repente, marchaches. Así, sen máis. Sen tempo de despedirche, sen tempo de darnos unha última aperta, sen tempo de remata-los teus obxectivos. Sen rematar unha vida. Non é xusto, non é xusto que te foras, ti non. Ti, muller loitadora, feminista de corazón, loitadora pola Lingua Galega, a igualdade, loitadora por erradicar as inxustizas, muller con ganas de cambia-lo mundo ensinando aos seus alumnos, quenes tivemos o privilexio de ser tratados, case como se fóramos os seus fillos. De ser comprendidos, escoitados, aconsellados. Neste punto da carta, é de confesarche que aínda non o asimilei… Neste punto da carta, querida Begoña, quero contarte, aínda que non o poidas ler, que aínda que te empeñaras en dicir que eras unha pesada, eras a millor. Que aínda que nunca o verás, deixaches un baleiro enorme no Instituto. Que a túa marcha paralizou as nosas vidas, como dirías tí “unha patada nos collóns” que nunca se pasará. Unha noticia que corroe as entrañas. Que saibas que, esas redes sociais que nunca comprendiches están hoxe mobilizadas na túa memoria. Que aínda que o intentamos, non podemos con tanto peso. Amiga, teño que confesarche que se me pon un nó no estómago ao pasar pola porta da nosa aula e ler o teu nome no horario. Que me da lástima mirar o meu caderno de Lingua, con eses magníficos e ás veces escalofriantes textos que redactabas, cunha soa folla na terceira avaliación.
E agora quería, por último, pedirche perdón, porque non te gustaría que fixeramos esto que estamos facendo pola túa memoria, porque estarías orgullosa de que nós o superáramos, miraramos hacia diante e pensaramos no porvir. Sen mirar atrás. Pero iso non é posible. Danos tempo.
Xa sei que nunca o lerás, posto que compartimos as mesmas creencias sobre Deus e estes peliagudos temas, pero polo menos estas palabras quedarán grabadas na rede, como tantas outras hai xa, na túa memoria.
Porque ti eras moi grande Begoña, aínda que non te deras conta.
E podes estar ben segura, de que nunca esquecerei como é o presente de subxuntivo en galego.
“A miña nai quere que eu…” foi a túa penúltima lección, que quedará gravada no meu corazón para sempre.
A última, ten que ver con estas liñas, que nunca quixera nin imaxinei escribilas algunha vez.
Adeus, Begoña, e moitas grazas por ser como fuches, unha muller exemplar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

MUY BONITO HIJO